19/06/18

XORNADA DE EMERXENCIAS


O pasado venres toda comunidade do CEIP Celso Currás puido gozar dunha xornada de aprendizaxe e posta en marcha dun amplo dispositivo de emerxencias. 
A actividade, organizada de maneira conxunta co ANPA foi ofertada a todo o pobo de Trabada.
Nela o alumnado puido aprender sobre os dispositivos de seguridade e emerxencia: garda civil, primeiros auxilios, funcionamento das ambulancias, técnicas de seguridade e reanimación... 

Sen dúbida, coñecementos moi útiles para a vida de calquera cidadán! Agardamos que non se nos esquezan durante o verán ;) 

Gracias a todo o equipo que nos ofertou esta proveitosa xornada! :)