23 Abril, día internacional do Libro
A nosa biblioteca convertiuse nunha horta moi peculiar.
Xirando en torno a temàtica Natural que este ano estamos a desenvolver, dotamos a biblio de montón de novidades de lectura relacionadas coa horta e o medio natural.
Como non hai mellor semente de sabedoría para a mente que un bo libro, deixamos constancia daquelas sementes de valores que queremos fomentar en nós e no 🌍 e que aprendimos grazas as aventuras que nos atopamos entre páxinas.
Quedounos un "horto" precioso e, sobre todo,
moi "valioso" , cheo de VALORES que debemos regar a diario ( a empatía, a xenerosidade, a amizade, o respecto, a axuda... )