No Currás temos unha meta, coidar o noso planeta, e nada mellor para facelo que poñer en marcha (aínda que de maneira tardía por mor das obras) o noso horto ecolóxico. Foi unha xornada de traballo no exterior, acondicionamos a zona e plantamos novas verduras, hortalizas e plantas aromáticas.
Por un mundo no que se reduzan plásticos, polos nosos océanos.
O alumnado de infantil recrea unha fermosa maqueta do noso horto ecolóxico, facendo visible a importancia de consumir este tipo de productos, de cultivo propio e natural. Quedoulles ben fermoso! E o traballo valeu a pena pois resultaron gañadores do concurso Fai Eco do Lóxico!!Noraboa aos peques e a súa mestra!!!