Bo día campeóns! Como ides? Que
tal foi a fin de semana? Hoxe comezamos
nova semana con moita forza!! :)
Estes días na casiña tod@s sabemos
que están a ser algo difíciles…
pero sabedes? Seguro que estades a pasar ratos inolvidables e vos estades dando
conta de que con tanto tempo en familia, aínda que a veces riñamos un pouco,
saen cousas preciosas.
Unha das cousas máis bonitas que
se está a ver é a CREATIVIDADE e a HUMANIDADE da xente… Moitas veces nos momentos máis
difíciles e de maior reto, sae a mellor versión de nós, aínda que a ves nos
custe. Vichedes os centos de vídeos, cancións, chistes, ilustracións etc que
están saíndo á luz estos días? Cousiñas preciosas e cheas de Arte!
Por todo isto, hoxe para comeza a
xornada ides ver o seguinte vídeo e esta vez, ides ser vós os que enviedes
ao grupo aos compis unha canción motivante, que
vos alegre para comezar o día.
Despois (con marcos decorado etc…) ides a escribir nun folio as 5 cousas máis
positivas que destos días.
Os retos para hoxe son algo
arquitectónicos, vexamos a ver que sae.
Intentar lograr facer unha torre o
máis alta posible con vasos de plástico , pinzas da roupa, recipientes de yogur, pauiños
depresores etc. ( o que se vos ocurra) o máis alta posible…
Algo estilo o da foto.
A continuación, reto para a semana
: facer unha maqueta nunha caixa ( se non é posible un debuxo) do mapa dunha
planta da nosa casiña. Estes días nela , temos que aproveitar para coñecer cada
recuncho. Para a maqueta vale cartón,
poliespán, caixa de zapatos… calquera cousiña que teñades a man. Senón un
debuxo do plano da casa, de cómo se ve a
planta estará ben. Pero traballado eh! Tempo temos ;) A por todas!!!!
Bo día!