20/04/20

MARTES 21 abril 2020. Comezamos con motivación



Bo día de Martes!

Que día tan fermoso de sol tivemos onte!! Aproveitáchedelo ben? J
Fixéchedes algo diferente?

Vamos escoitar detidamente e fíxándonos na letra, a nova canción de Rozalén, Aves enjauladas.  É preciosa verdade? https://www.youtube.com/watch?v=2A7zM7zstVI

En relación a esta nova canción, o reto artístico do día será debuxar e pintar gaiola ( xaula),  ben decorada e como vós a interpretedes. A “xaula” na que estamos “presos” estos días, como da que fala Rozalén na súa canción. Será unha xaula fermosa, sentimental da que poden saír moitas emocións e cousas fermosas que toda a humanidade temos dentro.

- Curta emocional para hoxe: Color your world with kidness. https://www.youtube.com/watch?v=rwelE8yyY0U A amabilidade e as boas accións fan deste mundo un lugar máis colorido, un lugar mellor. Tod@s podemos achegar o noso gran de area.

- Experimento artísitico para hoxe: DEBUXOS MÁXICOS. Papel de cociña, rotuladores e auga. https://www.youtube.com/watch?v=g7km1n0xYTY

- Yoga para empezar o día con moi boa enerxía J https://www.youtube.com/watch?v=CBko9JPMtHs

A por todas!!! Feliz día.