21/04/20

MÉRCORES 22 ABRIL 2020, DÍA DA TERRA



Mércores 22 de abril: DÍA DA TERRA.

Vamos a comezar o día de boa mañá descubrindo todas as cores que hai no vento, no noso planeta e na súa natureza: Colores en el viento: https://www.youtube.com/watch?v=dU44DdztBQU

Tamén escoitaremos esta canción para motivarnos e valorar unha vez máis o poder que temos como sociedade no coidado no noso lugar. Moving de Macaco
Reflexionemos: O mundo está parado, a Terra respira: https://www.youtube.com/watch?v=ypoQDEmEdwE

E hoxe, como non, un reto da man do noso amigo Capitán Planeta. Tócanos Revivir o lixo. Darémoslle nova vida a materiais de refugallo. Hai moitos artistas famosos que empregan o lixo para crear algo novo ( podedes buscar sobre elas : Marta Sanmamed , Natsumi Tomita), e fan creación ben bonitas.  Hoxe é o voso turno: con envases, caixas baleiras, envases, cintas imos unir residuos para crear algo novo. Apétecevos ser escultores?






Algunhas ides, sede creativos e facede o que se vos ocurra! :) 


Por último, activemos o noso corpiño coa canción Madre Tierra de Chayanne! Poñede todos os músculos a tono porque Paula tráenos unha sorpresiña para a clase de Ed.física con esta canción!
Disfrutade do día!!!! J