23/04/20

VENRES 24.4.2020





Xa estamos a Venres!!!!!!  Cada vez pasan máis rápido as semanas J Cómo o levades?  
Esta semaniña moito mellor que nos puidemos ver e disfrutamos un pouco da nosa compañía, aínda que forse virtual e algo caótica.
Que tal vos vai indo cos retos, bailes e música? :) MOTIVAD@S? Esperamos que vos vaian alegrando un pouquiño os días e vos fagan levalos con mellor ánimo. Non vos esquezades dos retos do DÍA DO LIBRO,  que importante é a lectura!

Música para comezar a mañá: empezamos a mañá con ritmo. Díselo a la vida. https://www.youtube.com/watch?v=dvgZkm1xWPE


Reto artístico do día: Xogamos coas sombras.

Con lluz do sol ou dunha lámpada. Necesitamos papel branco e rotulador ou cera de cor escura e uns cantos obxectos que nos fagan sombra.

1.    Coloca os obxectos donde recibas ben a luz solar.
2.    Fíxate cara donde se proxecta a sombra dos obxectos que elexiche e coloca o papel nese lugar.
3.    Repasa a silueta con bolígrafo, rotulador escura.
4.    Cando teñas a silueta decóraa por dentro como máis che guste.

 E Ioga para coidar o noso corpo e mente todos os días: https://www.youtube.com/watch?v=O-ze3CxuTMU

FELIZ DÍA E FELIZ FIN DE SEMANA CHIC@S!! Disfrutade do finde, xogade, bailade, cantade, e comportide moitas risas. É fin de semana e o corpo sábeo!