Bos días de martes pequen@s!
Como ides? Contádenos cousiñas nos
correos. Estánvos a gustar o que vos mandamos? Podedes compartir algo coa
familia? Como ides levando esta voltiña á normalidade?
Para o día de hoxe propoñémovos o
RETO DA POSITIVIDADE! J Porque
como nos quedou claro toda esta temporada, por moi longa que sexa a tormenta
sempre volve a saír o sol.
A canción para comezar será a de
Sonrisa, que nos trasmite moita alegría e nos recorda as cousiñas fermosas que
podemos regalar cada día aos demais:
Cuestión de actitude: https://www.youtube.com/watch?v=NtyZxqg9Lxw,
o mundo, ao final, é como o queiramos ver.
E os dous retos de hoxe que se
engloban nun: Deberemos crear uns lentes máxicos (gafas) , uns lentes orixinais,
extravagantes, fermosos, coloridos, cheos de amor e positivismo…
Poderemos partir duns lentes que
xa teñamos e “tunealas” ou crear dende cero unhas novas empregando
cartón/cartulina/ palliñas…
o que se vos ocurra pero deben ser UNHAS GAFAS MOI MOLONAS! Pois serán as nosas
gafas para ver o fermoso da Vida, as que nos fan ver O MUNDO MÁIS BONITO.
Con esas gafas postas deberedes
decir algo fermoso que virades do mundo
ou da vosa contorna nesta temporada, grabar un pequeno vídeo decindo algo bo,
bonito e positivo que virades en alguén
o una sociedade estos días como lle pasaba á nena do vídeo. Porque ao final
todo depende de cómo o queiramos ver, e que Bonito é mirar o mundo dende o
corazón.
E para rematar, e continuar
traballando o noso manexo de corpo e mente, un vídeo que invita á Calma.
Sólo respira: https://www.youtube.com/watch?v=sTy9FhIvAro
(activade os subtítulos, tenos en español J )
FELIZ DÍA!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario