12/05/20

MÉRCORES!! :)


De novo metade de semana!! Que rapidez!!!
Ao final os días voan, que bo é que o tempo pase tan rápido, iso é que as cousiñas marchan vento en popa! Que tal ides esta semaniña? Máis quedadas? Puidéchedesvos reunir coa familia e compartir moitos momentos?

Comezamos con música e emoción: A un par de metros de ti, Funambulista: https://www.youtube.com/watch?v=R1Uyhk3MT10

Hoxe é día de Ed. Física e polo tanto toca moverse, activar eses esqueletos e todos os músculos do noso corpo.  A profe Paula traénos actividades moi chulas que non esquezades enviarlle!!

E antes por aquí para motivarnos, un reto motor esta vez, un Challenge que está moi de moda nas redes, seguro que algún dos maiores xa o veu circular por aí. Oh nana Challenge, para demostrar a vosa axilidade. Deberedes enviarnos un vídeo grabando o reto con algún familiar J É moi divertido, anímadevos a intentalo!!! Xa sabedes o importante é participar e intentalo con ganas e ilusión, non importa que non saia ben, pasaredelo guai facéndoo xa veredes! J
Vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=afmXWrw3Fh0 ( podedes facelo máis curto, e intentar só un anaco)

E, por último, un experimento artístico para a xornada de hoxe. Maxia co leite: https://www.youtube.com/watch?v=GSAIpg_R_n8

Agora, a traballar con moita motivación! Bo día!

Ningún comentario:

Publicar un comentario