Bo día chicos! Como estades? Aproveitachedes todos os raiños de
sol de onte? :) Que felicidade!!!!
Comezamos o día cunhas respiracións e uns estiramentos:
Para hoxe deixámosvos unha historia moi linda: EL árbol de las
preocupaciones
E ademais, como é Venres
creativo, unhas actividades artísticas como parte da sesión de Plástica.
- Facer un cadro, unha representación con pedras.
Podedes representar aquilo que máis vos guste, vos apeteza ou aquilo que sexa
factible. Aquí unhas cantas propostas
orientativas.
- Elaborar unhas flores con
cartón e la. Pasos: Coller un trozo de cartón.
Debuxarlle unha flor sinxela e recortala. Pintarla con témpera, rotus ou o que
teñamos a man e o toque final superchulo, coller lá, lazo, cordón, cintas…. E ir enrolándoo sobre a flor ata
cubrila como desexamos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario