15/05/20

VENRES PRE LETRAS GALEGAS!


Xa estamos a venres!!!!!! 

Esta fin de semana, celébrase o Día das Letras Galegas, o día das nosas letras, nos que celebramos que, por sorte, temos literatura no noso idioma propio.
Así que hoxe imos comezar a xornada cunhas cancións en Galego.

·        Meu mundo é:   https://www.youtube.com/watch?v=O002YU-kZkY . Sintamos en galego ;)
     O galego é a fórmula: https://www.youtube.com/watch?v=Urstci_Njjc&t=92s

Faremos un cartel, a modo "bocadillo", escollendo un destes lemas como se fose un photocall e fotografíamonos sós , en familia... como queirades! :)

#Gústame o GALEGO
#Gústame QUERERTE
#Gústame XOGAR en GALEGO
#Gústame a miña LINGUA
#Gústame OIR a miña lingua polo mundo
#Gústame SOÑAR en galego


A continuación propoñémosvos varios retos artísticos, xa que hoxe é día de plástica.

O primeiro será crear unha bandeira galega con elementos cotiás (con obxectos, flores, roupa. ) e fotografiala.

A continuación deberemos facer a nosa versión da portada da obra infantil máis famosa de Calvalho Calero.  ( Podedes facer debuxos, empregar técnica de collage )

E por úlitmo, deberemos “escribir”, facer a forma con elementos naturais ( pedras, flores, ramas, pauiños) da palabra GALEGA máis fermosa para vós.

E por último, a lectura en Galego do Xornal Papaio deste mes. Aquí vos achegamos a ligazón: 
https://documentcloud.adobe.com/link/review?uri=urn:aaid:scds:US:652dc823-f787-4ab9-9e3e-fc34f6ea60d5 

Feliz día pequen@s! Presumamos de lingua :) e gozade moitísimo do finde! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario