27/05/20

Xoves!


Bo día de xoves casi de verán!!  Como estades?

Estades a aproveitar ben estos días tan chulos que nos está a regalar maio?!!! Esperamos que sí, que teñades tempiño en familia, gocedes do sol, da natureza e igual incluso algún afortunado da Praia!! J

Estades a facer unhas creacións moi chulas de xeos, mandalas… J

Para motivarnos de boa mañá un pouquiño de música:  Porque todo aquilo que nos dá vida : Valénos! Me vale: https://www.youtube.com/watch?v=vyU8NkQlQDY

A continuación un vídeo fermoso, dunha palabra ben linda, algo que seguro que moitos estamos a desexar facer! Apapacharnos moito uns a outros:

E por último para hoxe dous mini retos, para aquel que lle apeteza darlle as neuronas:
O primeiro será facer o noso nome con obxectos, e diredes como?? Pois tendo en conta as iniciais das diferentes palabras que nomean os obxectos.  Se o noso nome comeza por A, deberemos colocar un obxecto que comece por A, se a continuación ten unha N, buscar un obxecto cuxo nome comece pola letra N… e así sucesivamente.  Para que o visualicedes aquí vos deixamos un exemplo :
Auga , noces e afialapis para formar o nome ANA: 





E por último,  xa que agora podemos andar moito por fóra, polos montes e praias… un pequeno reto de destreza: Construír unha torre con pedras ( pequenas eh, algo que deades manexado vós ben)  Cantas sodes capaces de apilar? :) 

                                             Pin en Vitral

Ningún comentario:

Publicar un comentario