Bos días peques!!!! Estamos encantadas coas chuladas que
mandades!!! Que artistas e que de esforzo se ve! Moitísimas gracias! Así dá gusto!
Parece mentira que xa estemos en Xuño…. Na recta final deste curso tan
especial…
Para hoxe unha canción que seguro que vos soa moito, é moi bonita
e ten un ritmo moi lindo: Si tú la quieres : https://www.youtube.com/watch?v=ju8W_SX_wy4
Un corto ben bonitiño sobre o valor de permanecer xuntos,
axudarnos e traballar en equipo:
E o reto de hoxe moi sinxeliño tamén para traballar co noso
nome:
Facer un ACRÓSTICO: é dicir unha composición escrita na que a
letra de cada palabra lida en vertical forme o voso nome. As palabras que
elixades poden dicir algo de vós, da vosa personalidade, gustos… Se queredes ser creativos as letras iniciais
podedes facelas dalgunha maneira creativa non escrita ( con letras de pegatina
se tedes, letras magnéticas… debuxadas.. )
Aquí un exemplo: Non fai falla a explicación se non dades :)
Feliz día chic@s!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario