27/02/18

EXCURSIÓN A CEDEIRA


O pasado venres acercámonos ata Cedeira para coñecer un pouco máis a vida mariñeira deste pobo. Grazas ao programa o Sabor da Aventura está no mar, coñecimos o funcionamento da lonxa, visitamos o porto e o Museo do mar. 



                   



Alí aprendimos a cerca das diferentes técnicas de pesca, falamos cos mariñeiros, ensináronnos o sistema da subasta de peixe, vimos como se almacenan e transportan os mariscos e outras delicias do mar.... e tivemos a oportunidade de degustar un xantar do máis mariño! Estaba boísimo, e nin nos percatamos de que estabamos a comer tanto peixe. 






















O día foi moi bo, a zona de Cedeira é preciosa, e malia o frío, pasamos unha boa, aínda que curta,  xornada mariña! Agora toca seguir aprendendo sobre os Arroases , os sabores do mar e sobre todo, seguir aumentando o seu consumo na nosa dieta. 



                                     



Grazas aos colaboradores do Programa por este día! Esperámosvos no cole. 





20/02/18

ENTROIDO 2018. ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS




ESTAMOS TODOS TOLOS AQUÍ.....  decía o Gato do País das Marabillas , e bo caso que lle fixemos, que despois duns cantos días aloucados de preparativos puidemos festexar o Entroido como se merece. 

Coellos, sombreros, soldados de cartas, reis, raíñas, gatos, cupcakes.... cobraron vida no Soño de Alicia para trasladarnos a pasada semana ao mismísimo PAÍS DAS MARABILLAS na nosa festa de Entroido para vivir un día de película. 




Nenos, nenas, mestres e familias disfrutamos dunha xornada colorida, animada e moi doce gracias a todos os postres que trouchedes ao cole. Moitas gracias pola vosa colaboración familias!








Agora, xa toca volver á rutina do colexio despois duns días de festa rachada, imaxinación e diversión carnavaleira, pero os nenos e nenas de Trabada somos afortunados que aínda nos queda un fin de semana de troula por diante co desfile do noso pobo. 

Carguemos moitos as pilas, que o tempo pasa voando e cando nos demos conta o trimestre rematou :  xa o advirte o coelliño branco, sempre apurado e ás présas ;) 


FELIZ FIN DE SEMANA DE ENTROIDO TRABADENSE!

06/02/18

CARGANDO.... ENTROIDO!



Xa nos atopamos mergullados de cheo na semana máis festeira do ano, o Entroido está a piques de chegar e no colexio xa se nota. 

O noso director de cine "Meco" ten as súas claquetas preparadas para rodar unha toma cada día, e chegar a grabar o venres,  un ENTROIDO DE PELÍCULA.



O cole xa está engalanado e nós co espírito entroideiro dentro. Quedan 3 días...! 




Non vos esquezades de ser tod@s bos actores e actrices esta semana cumprindo as ordes do Meco, e agardámosvos o venres para desfrutar todos xuntos dos disfraces e da festa. Recordámosvos que as famlias tamén poden amosar as súas mellores galas de Entroido ;) 


Resultado de imagen de feliz entroido


O venres agardamos pasar todos un día MARABILLOSO ;) Contamos con vós!





31/01/18

PEACE & LOVE


O 30 de xaneiro celébrase o DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA nos centros escolares, e no noso cole non podíamos deixar de conmmemorar esta data. 

Resultado de imagen de símbolo paz


Dentro da nosa temática de cine e aproveitando a película de Alicia no País das Marabillas que os nenos e nenas teñen recente, sacamos ensinanza dela e construímos o lema que decora este ano o cole, que ten o sorriso do gato de Cheshire como  protagonista. 

O SORRISO É A ARMA MÁIS PODEROSA QUE EXISTE


Así mesmo, fomos pequenos creadores e reinventamos películas tradicionais, dándolle un novo papel aos coñecidos como "villanos" de Disney.  Elaboramos un libro outorgándolle accións positivas aos famosos malvados e quedou unha Obra preciosa. 

Aquí vos amosamos o resultado. Estamos moi orgullos@s del ;) 











E como en toda boa xornada , non faltou a música. Entre todos aprendimos a coreografía da Danza da Paz, e con este baile tan divertido deixamos ben clara a nosa intención: sementar paz! 







E non vos esquezades, que aínda que a PAZ se conmemore un día; a vitoria chegará cando logremos practicala no día a día, regalando sorrisos e bos actos en calquera pequeno acto! :)





♪♪  We are the world, we are the children, we are the ones who make a brighter day...


16/01/18

ANIVERSARIOS DO 1º TRIMESTRE



Aquí vos deixamos aos felices "cumpleañeros" do 1º trimestre disfrutando do seu pastel de Aniversario. 

Estaba moi bo, e todos os nenos e nenas do cole disfrutamos nel no xantar do comedor. 


FELIZ CUMPLE A TOD@S UNHA VEZ MÁIS !!!