11/05/20

MARTES 12 MAIO! :)


Bos días de martes pequen@s!

Como ides? Contádenos cousiñas nos correos. Estánvos a gustar o que vos mandamos? Podedes compartir algo coa familia? Como ides levando esta voltiña á normalidade?

Para o día de hoxe propoñémovos o RETO DA POSITIVIDADE! J Porque como nos quedou claro toda esta temporada, por moi longa que sexa a tormenta sempre volve a saír o sol.

A canción para comezar será a de Sonrisa, que nos trasmite moita alegría e nos recorda as cousiñas fermosas que podemos regalar cada día aos demais:


 A continuación, veremos a seguinte curta para reflexionar un pouquiño a cerca do que acontece.  

Cuestión de actitude: https://www.youtube.com/watch?v=NtyZxqg9Lxw, o mundo, ao final, é como o queiramos ver.

E os dous retos de hoxe que se engloban nun: Deberemos crear uns lentes máxicos (gafas) , uns lentes orixinais, extravagantes, fermosos, coloridos, cheos de amor e positivismo

Poderemos partir duns lentes que xa teñamos e “tunealas” ou crear dende cero unhas novas empregando cartón/cartulina/ palliñas o que se vos ocurra pero deben ser UNHAS GAFAS MOI MOLONAS! Pois serán as nosas gafas para ver o fermoso da Vida, as que nos fan ver O MUNDO MÁIS BONITO.


Con esas gafas postas deberedes decir algo fermoso  que virades do mundo ou da vosa contorna nesta temporada, grabar un pequeno vídeo decindo algo bo, bonito e positivo que virades  en alguén o una sociedade estos días como lle pasaba á nena do vídeo. Porque ao final todo depende de cómo o queiramos ver, e que Bonito é mirar o mundo dende o corazón.

E para rematar, e continuar traballando o noso manexo de corpo e mente, un vídeo que invita á Calma.

Sólo respira:  https://www.youtube.com/watch?v=sTy9FhIvAro (activade os subtítulos, tenos en español J )

FELIZ DÍA!!

10/05/20

MATES E MÚSICA para comezar unha nova semana!

Despois de comezar o día en calma .... organizámonos e imos A por todas :)

1º primaria: 11.5.2020
2º primaria: 11.5.2020
3º primaria: 11.5.2020
4º primaria: 11.5.2020
5º primaria: 11.5.2020
6º primaria: 11.5.2020

09/05/20

LUNS 11 MAIO! PARECE QUE UN POUCO DE MELLORÍA COMEZA A ASOMAR.



Luns, comezamos nova semana cun pouquiño máis de liberdade! 

Que alegría chic@s!! Podemos empezar a quedar coa xente que queremos e disfrutar da súa compañía pero con sentidiño! Hai que ser responsables e ter as precaucións indicadas e non botar agora a perder todo o bo que viñemos facendo! J 

Hoxe, imos comezar o día RESPIRANDO, agradecendo esta liberdade que vamos gañando pouquiño a pouco e valorando os entornos dos que nos rodeamos.

A canción da mañá, é a seguinte: RESPIRAR https://www.youtube.com/watch?v=zEuaqA-LTi4

Fíxadevos na letra, é fermosa, sentidea e animámsovos a facer un pequeno vídeo na natureza, cun anaco de canción,  sentindo ese RESPIRAR.

Deixámosvos tamén un conto titulado RESPIRA, que nos axuda a encontrar a Calma, a mellorar a nosa respiración e a lograr mellor relaxación, para aprender pouquiño a pouco os movementos de Ioga, probamos? Conto: https://www.youtube.com/watch?v=ibJFHBTWBDA

Ademais, como reto artístico de hoxe, xa que agora se van a convertir nun complemento necesario para respirar, en moitas situacións, imos diseñar e decorar a nosa MASCARILLA particular, por favor, sede orixinais.



07/05/20

TRABALLIÑO VENRES 8 MAIO 2020


Para rematar a semana, ademais das actividades plásticas propostas na entrada anterior, tarefas de Ciencias Naturais para cada un dos cursos:

1º primaria: 8.5.2020
2º primaria: 8.5.2020
3º primaria: 8.5.2020
4º primaria: 8.5.2020
5º primaria: 8.5.2020
6º primaria: 8.5.2020

Ánimo, Bo finde peques! Graciñas.

Xa é Venres!!! :)



Bos días amiguiñ@s! Hoxe xa é venres, se ao final pasan as semanas voando! Pronto teremos máis liberdade para reencontrarnos cos que máis queremos, que ben!!

Maio estanos a regalar comezos fermosos Estamos xa de cheo no mes das flores, e en Galicia, na nosa terra, sabedes que se festexan OS MAIOS.  Pois ben, xa que hoxe é venres, e toca Plástica, o día ven cargado de propostas creativas.

Primeiro, un pouquiño de música variada para comezar a xornada.


Somewhere over the rainbow, versión merengue, para contaxiarnos de boa enerxía: https://www.youtube.com/watch?v=wwsbNhqAwFg

Ai vén o maio, unha canción tradicional: https://www.youtube.com/watch?v=AxSq_lRPt9M

O reto para hoxe, e que xa nos vale para a clase de PLÁSTICA, será facer UN MAIO en versión mini e un colar de flores silvestres ou, no seu defecto, de pasta.
Se tedes a opción de facelo grande e vos apetece xenial, senón sobre a estructura dun cono en cartulina ou cartón será suficiente J






Como rutina emocional do día encheremos as nosas flores da Autoestima.

O que me gusta de min (encher os pétalos ou se queremos engadir aínda máis)

Image result for imagenes de flores dibujos | Dibujos, Dibujos de ...


O que debo mellorar


Image result for imagenes de flores dibujos | Dibujos, Dibujos de ...

E para manter Corpo e Mente en Calma un pouco de Ioga: https://www.youtube.com/watch?v=K41IG7DyuQU



Que sexades moi felices e  teñades un fin de semana estupendo! Apertas fortes xxx