Bos días amiguiñ@s!
Como
levades estes días de encerro na casiña? Agardamos que todo o mellor posible,
aproveitemos para mellorar moito como persoas e pensemos en que todo pasa, todo
irá ben, e prontiño volveremos á normalidade, xunt@s, con responsabilidade e
sen medo poderemos co virus!
Para
comezar a xornada, e para empezar con esta etapa tan peculiar de cole a
distancia vexamos dous vídeos:
Ademais,
para poñer os nosos cerebriños a funcionar, realizaremos unha actividade de
pensamento diverxente, un Think out of the box (Pensa fóra da caixa) á que os
maiores xa están afeitos. Debemos sacar o noso lado máis creativo e orixinal.
Propoñémosvos un debuxo que parece ser algo moi común, pero o noso obxectivo é
transformalo/ debuxar algo diferente partindo desa forma dada.
Ademais
podemos amenizar o día coa canción Resistiré, e cantar a todo pulmón coas nosas
familias, e facer algunha das moitas propostas indicadas a través das redes sociais J
A
continuación, pouco a pouco iremos indicándovos algunha tarefa para cada
materia.