Está a quedar ben xeitosiño, temos que agradecer aos operarios do Concello de Trabada que traballaron arreo estes días para axudar a despexar e acondicionar a zona!
Despois de todo o ano, hoxe o alumnado de infantil plantou albahaca e hierbabuena na cuba das aromáticas para ,canda menos, volver a darlle xeito tras o abandono forzoso! Ademais, puidemos probar algún rico amorodo que nos atopamos agochadiño.
Mirade que bonita está a quedar a zona e que fermoso luce co noso cartel!! Poñerémonos mans a obra para que NaturCurrás dea fruto cara o vindeiro curso!