#poñamosdemodacoidaromedioambiente
O pasado venres, aínda que o tempo non foi moi xeneroso con nós, achegamonos ata Foz para gozar da man de Maremasma, dentro da campaña Mares de Cultura, dunha xornada de aprendizaxe sobre o mundo mariño, concienciación do seu coidado e das nosas praias e divertirmos tamén practicando deportes acuáticos como paddle surf e kayak!!!
Malia que o sol non lucira moito divertímonos e aprendimos un montón tanto colaborando na limpeza da praia da Rapadoira, como practicando deportes nas augas de Porto Chico.
Nós xa o temos un pouquiño máis claro, se queremos ter os mares, fauna e praias fermosas que temos, debemos achegar o noso gran de area e eliminar os plásticos e lixo dos nosos areais e vós??
Moitas grazas aos monitores de Maremasma, pola xornada e polo trato recibido! Foi un placer.