Comezamos unha nova semana…. E adentrámonos xa de cheo na
recta final do curso! Parece increíble que só queden dúas semaniñas!! J
Hoxe día 8 de xuño é o día mundial dos Océanos, así que imos
comezar a xornada mergullad@s baixo o mar.
Comezamos coa enerxía dunha canción ben coñecida que nos dá
moita enerxía positiva:
Bajo el mar: https://www.youtube.com/watch?v=FIHgQMblzJ8
A continuación vemos
estas dúas curtas que nos farán pensar a cerca da situación que viven os mares
e augas da Terra e do importantes que son para a vida de todo o planeta.
Sumémonos á ola: https://www.youtube.com/watch?v=5I8IvM8efOA
E por último, propóñevosmos dous retos artísticos de reciclaxe relacionados cos océanos para aquel que teña ganas de
crear un pouquiño hoxe:
Facer un fondo mariño nun envase de ovos:
Facer un animal mariño cun antigo cd:
Feliz día e recordade que os nosos pequenos xestiños poden axudar a un planeta
enteiro!
Se tedes algunha foto coidando as nosas praias, ou vos animades a facelo , animávosvos a compartilo! J
Ningún comentario:
Publicar un comentario