08/06/20

Novidades para esta recta final.


Este curso 2019 2020 vai chegando ao seu fin... e como non deixou de sorprendernos... tamén nos trae sorpresiñas no traballo para estes últimos días. Non sei a vós, pero a nós parécenos incríble que tan só falten dúas semanas para rematar! Pasaron tantas tantas cousas este ano, que non damos crédito.

Como sabedes, as últimas semanas de curso todos os anos eran especiais e faciamos algo diferente.

Hoxe os maiores do cole estaríamos comezando a nosa excursión de fin de curso para despedirnos do cole etc. dános moita peniña... así que, dalgunha maneira queremos compensarvolo.
Despois de ver a vosa implicación e todo o que traballachedes durante o confinamento e neste cole virtual dende a casiña decidimos darvos unha sorpresa e a partir de hoxe seguiremos aprendendo pero Xogando!!

Adxuntamos un arquivo de actividades lúdicas para as diferentes materias para que fagades ao longo da semana, como mellor prefirades organizarvos. ( Iremos engadindo das diferentes materias da semana ao longo destos días)Polo momento achegomos xogos dalgunhas delas só. Publicaremos actualizacións! Non deixedes de consultalo, porfa.

1º PRIMARIA: Semana 12 casiña

2º PRIMARIA:Semana 12 casiña

3º PRIMARIA:Semana 12 casiña

4º PRIMARIA:Semana 12 casiña

5º PRIMARIA:Semana 12 casiña

6º PRIMARIA:Semana 12 casiña





Gracias enormes a  todas as familias por estar ao pé do cañón cada día, seguimos en contacto esta semana para o que sexa e non baixemos a guardia, que queda nadiña para estar de vacacións!

Personas con divertidos y felices ilustraciones de emojis. vector gratuito


Feliz día!

Ningún comentario:

Publicar un comentario