Bo día de xoves
casi de verán!! Como estades?
Estades a
aproveitar ben estos días tan chulos que nos está a regalar maio?!!! Esperamos
que sí, que teñades tempiño en familia, gocedes do sol, da natureza e igual
incluso algún afortunado da Praia!! J
Estades a facer
unhas creacións moi chulas de xeos, mandalas… J
A continuación un
vídeo fermoso, dunha palabra ben linda, algo que seguro que moitos estamos a
desexar facer! Apapacharnos moito uns a outros:
E por último para
hoxe dous mini retos, para aquel que lle apeteza darlle as neuronas:
O primeiro será
facer o noso nome con obxectos, e diredes como?? Pois tendo en conta as
iniciais das diferentes palabras que nomean os obxectos. Se o noso nome comeza por A, deberemos
colocar un obxecto que comece por A, se a continuación ten unha N, buscar un
obxecto cuxo nome comece pola letra N…
e así sucesivamente. Para que o
visualicedes aquí vos deixamos un exemplo :
Auga , noces e afialapis para formar o nome ANA:
E por último, xa que agora podemos andar moito por fóra,
polos montes e praias… un pequeno
reto de destreza: Construír unha torre con pedras ( pequenas eh, algo que
deades manexado vós ben) Cantas sodes
capaces de apilar? :)